terça-feira, 7 de outubro de 2008

ENCONTRO PORTUGALIZA!

Um email enviado pelo guilhermo:

A tódolos portugalaicos:

Como xa se dixo no correo do outro día, o encontro será en Santiago de Compostela o próximo sábado día 11.

Mando este correo para relembrarlle a todo o mundo sobre o asunto, pero non só por iso. O obxectivo principal é saber a que hora ides chegar a Santiago. E digo isto porque, polo de agora só Olalla falou do tema.

(Por certo, volvino a comprobar e si hai un tren que sae ás 9:27 da Coruña e chega ás 10:19 a Santiago)

Así que se ides nun tren que non sexa o que estaban no e-mail de convocatoria, por favor, dicídeo. Hai que coordinarse. Eu, en principio, conto con que cheguedes nos trens indicados, pero se non non pasa nada. Da outra vez pasamos a tarde arriba e abaixo a despedir xente, así que...

Veña, a ver se podemos batir outro record, ¿eh? Saúdos,

Guillermo

Sem comentários: