Xa podemos dicir que vai haber encontro portugalaico. Moita xente xa respondeu ó meu e-mail do día 24, e xa sabemos as súas opinións, así que xa podemos resolver.
O lugar vai ser Santiago, xa que a maioría así o prefire, e porque hai xente que noutro caso non podería vir. A data do encontro será o sábado día 11, porque a inmensa maioría así o dixo e porque é o cumpreanos da Karla. Polo tanto quedamos o sábado 11 en Santiago.
Ata o de agora contamos con catorce persoas dispostas a vir: Olalla, Eloi, Alba Pardal (Santiago), Sabela, Pablo Puga (Ferrol), Álvaro, Joaquín, Inês, María Souto (Vigo), Aida, Jorge, Davinia, Karla e eu. E espero que aínda sexamos máis.
Velaquí unhas indicacións sobre como vir en tren. Son só suxerencias, xa se verá o que se fai, pero eu creo que estas son boas opcións. Se preferides outro traxecto, dicídemo para así podermos combinar.
Para os que veñan no tren do Porto, este sae do Porto ás 7:55 (hora port.) e chega a Vigo ás 12:12 (hora esp.). Hai un tren que sae de Vigo ás 12:15 e chega a Santiago ás 13:38 (8 €).
Para a volta, o tren sae de Santiago ás 17:38 e chega a Vigo ás 18:59 (8 €). O tren do Porto sae ás 19:44 (hora esp.) e chega ás 21:55 (hora port.). Non sei canto custa o tren do Porto, nin para vir nin para volver.
Para os que veñan de Ferrol, compensa coller un autobús, especialmente para a volta: en tren tárdase moito tempo, habería que chegar tarde e regresar cedo. A pesar de todo, hai un tren desde Ferrol, para a ida, co que despois se pode facer transbordo co das 11:50 na Coruña.
Espero que moitos de vós poidades vir. Saúdos,
Guillermo
7 comentários:
Olá a todos! Bem, continuo cada vez mais orgulhosa e feliz com todos os portugalaicos! Um dos objectivos do PORTUGALIZA, de qualquer monitor, aliás, é promover a AUTONOMIA, o EMPREENDEDORISMO. Cada vez os PORTUGALAICOS revelam mais que esse objectivo foi atingido com distinção! Parabéns pessoal! Tenho muito orgulho em vós! Ainda não sei se posso ir, depois digo algo. Adoro-vos meus queridos PORTUGALAICOS!
Maria João Tavares
Sou eu outra vez, deixo-vos um presente:) Lembram-se?
Maria João Tavares
http://www.youtube.com/watch?v=UL7VER5FW18
Olá, meus amigos portugalegos!
Quero dicir que non sabedes a incrível felicidade que sentín ao conhece-la existencia deste blogue... Porque mentres isto exista e haxa xente que queira escribir nel, Portugaliza nunca morrerá!
Ademáis, quería engadir á lista de pessoal para o encontro de Santiago (estou xa a contar os días que quedan para que chegue..) a Sabela e a Olalla... Pouco a pouco, xa nos imos xuntando máis xente! :D
E que, como non, espero que a nossa Maria João também poida vir! E, como non, também o resto de monitores galegos, que son de Santiago caralho! =)
Um abraço muito grande para tudos
Jorge
eu so quero dicir que a paxina web de renfe non pon esos horarios para a ida dende coruña asique revisade todos...
olalla
Eu nao sei se os horarios estao pero quem deu os horarios foi guilhermo por isso ele deve saber se estao bem ou nao..
[PtGz] '08 <'3
Apesar de não poder ir a Santiago, porque fica um pouco longe de Vila Real xDD
Mas no próximo encontro não falho=D
Lã estarei se for preciso de guitarra ao ombro=)
PTGZ<33
Beijos e abraços=)
Respecto dos horarios, comprobei na páxina de Renfe e a min si que me aparece... Sería mellor se todos comprobásemos, por se acaso.
E Tiago, prometo que hei de facer pola miña parte para que o próximo encontro sexa máis cerca da raia (ou mesmo ó outro lado, ¿por que non?). E espero que chegues guitarra en ombro, XDD
Saudiñas,
Guillermo - Portugaliza am byth!
Enviar um comentário